Extinción do contrato

O contrato de traballo extinguirase nos seguintes casos:

  1. Cando a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria adopte resolución en tal sentido, logo da incoación do expediente disciplinario dando conta aos representantes sindicais do profesorado e logo da comunicación á confesión relixiosa.
  2. Por revogación axustada a dereito da acreditación ou da idoneidade para impartir clases de Relixión por parte da confesión relixiosa que a outorgou.
  3. Polas demais causas de extinción previstas no Estatuto dos traballadores.
  4. No caso de traballadores ou traballadoras estranxeiros, pola extinción ou a non renovación da autorización de residencia ou de residencia e traballo, como consecuencia da concorrencia dalgún dos supostos para a dita extinción ou o incumprimento dalgún dos requisitos para a renovación establecidos na normativa de estranxeiría e inmigración.

Normativa