Novas de Ensino Privado

img

Novidades nos partes de baixa a partir do 1 de abril de 2023

  • A persoa traballadora non terá que presentar parte de baixa, alta nin confirmación á empresa a partir do 1 de abril de 2023 por baixas inferiores a un ano. A empresa ou a mutua realizarán as xestións oportunas de maneira telemática e inmediata coa Seguridade Social.
  • Real Decreto 1060/2022, de 27 de decembro, polo que se modifica o Real decreto 625/2014, de 18 de xullo, polo que se regulan determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros trescentos sesenta e cinco días da súa duración
  • Toda a información, en PDF

img

A destrución de emprego cébase cos sectores máis feminizados e precarios

Unha de cada catro persoas perde o seu traballo no Ensino Privado durante as vacacións de verán. CCOO denuncia que o período estival supuxo de novo a perda de miles de empregos no sector do ensino privado, e alerta de que agosto finalizou cun descenso de persoas afiliadas á Seguridade Social do 26,76% con respecto ao mes de maio, porcentaxe superior ao 24,23% correspondente ao mesmo período de 2020.