Novas de Ensino Público - Interinos/as

img

CCOO ensino asina a modificación do acordo de acceso ás listas de interinidade

Temos a obriga de modificar o Acordo para adaptalo ao novo marco lexislativo laboral (Real decreto lei 32/2021), á Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público e aos cambios introducidos pola nova lei de FP.

O asinamento da addenda prodúcese por consenso das organizacións sindicais asinantes e lógrase o obxectivo principal: o mantemento das listas estables de forma indefinida, tal e como viña defendendo CCOO dende o principio.

Mentres outras posicións sindicais afirmaban que a Consellería presentaba unha proposta de addenda que ían aprobar sen cambios, CCOO fixo achegas que finalmente melloraron o texto presentado pola Consellería. Este acordo demostra a necesidade de negociar para conseguir melloras para os colectivos que representamos.

 Nota de prensa

 Valoración do acordo

 Infografía: verdades sobre a addenda do acordo de persoal substituto e interino

 Addenda ao Acordo do 20 de xuño de 1995

 Resolución no DOG do 13 de abril de 2023

 Texto refundido e corrección de erros

img

Sinatura disposición transitoria acordo interinos

CCOO e o resto de OOSS asinantes do acordo que regula o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Educación engaden unha disposición transitoria polo que o concurso-oposición de 2023 derivado da lei 20/2021 non configurará novas listas de interinidades e substitucións.

img
img

O profesorado interino de Secundaria que obteña praza no CADP será nomeado con efectos do 16 de setembro

CCOO-Ensino rexistrou no día de hoxe un escrito solicitando o nomeamento para este profesorado a 16 de setembro, dado que a orde do CADP no seu artigo 41 establece que non pode haber interrupcións nos nomeamentos deste persoal. A Consellería publica na súa web que  "o persoal interino con nomeamento en vigor que remate este nomeamento o día 15 de setembro de 2020 e obteña un destino na adxudicación definitiva de destinos provisionais, os efectos do novo nomeamento serán desde o 16 de setembro de 2020 ata o 15 de setembro de 2021".