CCOO Ensino denuncia a erratica políticade formación da Consellería de Educación e o escaso interese polos temas de convivencia, igualdade e inclusión

CCOO ven denunciando hai moitos anos a nefasta xestión da formación para o persoal da Consellería de Educación. É precisamente neste área onde os recortes se deron con maior virulencia dende antes incluso do inicio da crise. Non só afectou á redución de persoal nas estruturas de formación, senón ás mesmas estruturas e tamén á oferta formativa. Produciuse unha recentralización das propostas formativas que se foron alonxando cada vez máis das necesidades dos centros para centrarse nos temas que a Consellería consideraba prioritarios; pero que en realidade eran os que querían utilizar para facer propaganda: novas tecnoloxías e plurilingüismo. 

 

Parece que segundo van xurdíndolle ocorrencias a alguén se trasladan á formación. Agora tocoulle a quenda aos temas de igualdade, convivencia e inclusión. Temas, sen dúbida fundamentais na formación do profesorado pero que non poden programarse como consecuencia dunha pulsión momentánea. É o momento de volver a reivindicar a materia de educación para a cidadanía na que o alumnado se forma en valores democráticos fomentando a igualdade, a inclusión a convivencia… Se o PP quere profundizar nestes temas debe recuperar esta materia que fixo desaparecer coa LOMCE.

 

CCOO Ensino rexeita a simplificación da formación neste ámbito pero tamén a forma en que se produce. Non se pode matricular obrigatoriamente ao profesorado incluído nos PFPP nu módulo de formación autoxestionada sen advertirllo previamente. 

 

CCOO Ensino esixe da administración educativa unha oferta formativa planificada para todo o profesorado galego que vaia máis alá da proposta actual.