CCOO LIDERA A DENUNCIA DO X CONVENIO COLECTIVO DE CENTROS DE ENSINO PRIVADO REGULADA SEN NINGÚN NIVEL CONCERTADO OU SUBVENCIONADO

O pasado 7 de marzo de 2017 quedou constituída a Mesa Negociadora do X Convenio do Sector. A Secretaría da mesma recaeu en CCOO ao ser o sindicato con maior representatividade. As porcentaxes quedaron estipulados segundo o último certificado da Dirección Xeral de Emprego: CCOO, 32,75%; USO, 28,45%; UGT, 20,80%; e FSIE, 17,98%. CIG tamén está presente na Mesa en virtude do establecido na Lei Orgánica de Liberdade Sindical (LOLS).

Nestes últimos meses, desde CCOO traballamos conxuntamente co resto de organizacións sindicais do sector para presentar unha plataforma sindical unitaria, que se trasladou á parte patronal.

As propostas que desde CCOO achegamos elaboráronse coa colaboración da nosa afiliación e cos delegados e delegadas do sector. Expresan a nosa intención de modernizar un Convenio que tivo moi poucas modificacións durante demasiado tempo. Ata o momento reflectíronse os cambios lexislativos, ordenouse o articulado para facelo máis accesible e introducíronse as modificacións necesarias para equilibrar as relacións laborais con respecto aos intereses patronais.

O sector necesita unha urxente adecuación aos tempos actuais e, por iso, despois duns anos de contención salarial, centrarémonos en:

  • Unha revisión salarial que supoña a recuperación do poder adquisitivo perdido.
  • A racionalización das xornadas de traballo.

Desde CCOO somos conscientes de que a recuperación que mostran os datos macroeconómicos non está a repercutir sobre o conxunto da clase traballadora. É o momento de pasar á ofensiva, de trasladar aos espazos de negociación as propostas que permitan ir superando o período de recesión.

As patronais non o van a pór fácil, pero desde CCOO defenderemos con firmeza a plataforma conxunta como instrumento necesario para chegar aos acordos que permitan mellorar as condicións laborais do conxunto de traballadores e traballadoras do sector.

CCOO, Á OFENSIVA. VEN E PARTICIPA!