O profesorado das antigas Universidades Laborais e AISS xa pode xubilarse anticipadamente dende os 60 anos no Réxime de Clases Pasivas

*ACTUALIZACIÓN:

CCOO-Ensino solicitou á Consellería que facilitase á xestións ao profesorado que queira acollerse á xubilación anticipada. A Consellería, comprometeuse a non esixir o prazo de 3 meses entre a solicitude e data da xubilación de forma que poidan xubilarse o 31 de agosto.

 

Os funcionarios de carreira dos Corpos docentes, procedentes dos Centros de Ensinanzas integradas (antigas Universidades Laborais) e de Centros de Formación Profesional da antiga AISS, que ingresaron en ditos Corpos dende o día 23-08-1984 (entrada en vigor da lei 30/84), ata o día 25-05-1987 (día anterior á entrada en vigor do Real Decreto Lexislativo 670/1987 de Clases Pasivas do Estado) e que estean acollidos ao Réxime Xeral da Seguridade Social poderán xubilarse anticipadamente dende os 60 anos de idade se cumpren o requisito de ter a lo menos 30 anos cotizados en calquera réxime da Seguridade Social. Deben optar para elo, por incorporarse ao Réxime de Clases Pasivas no momento de facer a solicitude.

Así aparece recollido na adicional centésima vixésima da  Lei 3/2017 de 27, de xuño, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2017 (BOE 28/06/2017)*. 

Este colectivo perdeu a posibilidade de acceder á xubilación voluntaria no ano 2011 no que deixou de aplicarse a DT 2ª da LOE. E desde ese mesmo momento moitas foron as actuacións que CCOO veu realizando para que desaparecera esta inxusta discriminación, tanto a nivel xurídico, coa tramitación de demandas dos afectados polos servizos xurídicos do Sindicato, como a nivel de Ministerio de Facenda e os Grupos Parlamentares para a súa inclusión na Lei de Orzamentos, que finalmente deu os seus froitos e así o celebramos. Pero non podemos evitar manifestar unha vez máis, o noso rexeitamento á la senrazón manifestada polo Goberno que obrigou estes anos a moitos compañeiros xa xubilados a sufrir un retraso na data de xubilación e a unha diminución na contía da súa pensión.

Unha vez aprobada a Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2017, xa instamos á Consellería de Educación para que se axilicen os trámites administrativos e, se posibilite o acceso sen demora á xubilación anticipada do profesorado que o decida. Tamién solicitamos que comuniquen a todos os afectados o cambio da norma.

No caso do profesorado do subgrupo funcionarial A2, recomendámoslles que se informe no Sindicato antes de tomar unha determinación, xa que o paso a Clases Pasivas pode reportarlle unha diminución da contía da pensión respecto ao Réxime Xeral da Seguridade Social.

 

* Disposición adicional centésima vixésima dos Orzamentos Xerais do Estado para 2017:

Xubilación de funcionarios dos Corpos docentes dos Centros de Ensinanzas Integradas e Centros de Formación Profesional.

Os funcionarios de carreira dos Corpos docentes, procedentes dos Centros de Ensinanzas Integradas (antigas Universidades Laborais) e de Centros de Formación Profesional (AISS), que ingresaron en ditos Corpos tras a entrada en vigor da Lei 30/1984, de 2 de agosto, de medidas para a reforma da Función Pública e con anterioridade á entrada en vigor do Real Decreto Lexislativo 670/1987 de 30 de abril, polo que se aproba o texto refundido de Lei de Clases Pasivas do Estado e que están acollidos a rexímenes da Seguridade Social ou de previsión distintos do de Clases Pasivas, poderán optar ao momento da solicitude da xubilación voluntaria, por incorporarse ao Réxime de Clases Pasivas do Estado, en idénticas condicións aos funcionarios de carreira dos corpos docentes acollidos a este réxime, sempre que acrediten os mesmos requisitos que resulten vixentes para estes últimos, nos termos previstos na disposición transitoria segunda, apartado 5 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación