Resolve as dúbidas sobre a túa participación nun tribunal de oposicións

¿É OBRIGATORIO PARTICIPAR NOS TRIBUNAIS DE OPOSICIÓNS? 

A participación nos órganos de selección ten carácter obrigatorio, de conformidade co disposto no artigo 8º.3 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro. 

¿PODO SOLICITAR SER SUPLENTE DO TRIBUNAL? 

O presidente do tribunal pode conceder a suplencia se: 

    •    Actuaches nun tribunal de oposicións dende o 2013 en adiante. 2013 incluido. 

    •    Es director/a dun centro. 

    •    Tes permiso sindical a tempo total 

¿PODO ABSTERME OU PÓDENME RECUSAR? 

Son motivos de abstención os siguientes: (Artigo 28 lei 30/1992)
a) Ter interés persoal no asunto do que se trate ou noutro en cuxa resolución puidera influir a daquél.
b) Ter parentesco de consanguinidade dentro do cuarto grao ou de afinidade dentro do segundo, con calquera dos interesados.
c) Ter amizade íntima ou inimizade manifesta con algunha das persoas mencionadas no apatado anterior.
Do mesmo xeito, de acordo co artigo 8o.4 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, deberán absterse de actuar aqueles membros que realizasen tarefas de preparación de aspirantes aos procedementos selectivos para o mesmo corpo e especialidade, nos cinco anos anteriores a esta publicación. 

Así mesmo, o persoal aspirante poderá recusar os membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas anteriormente, de acordo co artigo 29º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Calquera solicitude de suplencia, abstención, exención ou recusación debe presentarse ante o presidente do tribunal.