Sinatura VIII convenio colectivo de Formación e Ensinanza non Regrada

O día 3 de abril de 2017 produciuse a sinatura do VIII Convenio de Ensinanza e Formación Non
Regrada, suscrito polas organizacións sindicais CCOO e FeSP-OuGT, e por todas as Patronais
representadas na Mesa Negociadora, CECAP, CECE, A CADE-FECEI e ANCED.
A Federación de Ensinanza de CCOO, sindicato maioritario do sector, valora de xeito moi positivo o
acordo alcanzado tras un intenso e complexo proceso de negociación, no que finalmente, gracias
ao esforzo das partes negociadoras, foi posible unha firma que conleva a revisión das condicións
salariais e laborais, cunha necesaria actualización lexislativa xeral e clasificación profesional entre
os aspectvos máis destacados.

O convenio que será de aplicación tras a súa publicación no BOE, supón a regulación dun
importante sector de ensinanaza privada, e no que destacamos os aspectos máis relevantes:
Ámbito de aplicación temporal ata o 31 de Diciembro de 2018..
Revisión Salarial
2015 subida salarial 0.5%
2016 subida salarial 1,5%
2017 subida salarial 2%
A suma destas subidas salariales supón algo máis do 4% sobre os salarios actuales e o CPP
(Complemento de Perfeccionamiento Profesional).
A subida salarial ten carácter retroactivo, e polo tanto as empresas deberán pagar os atrasos de
2015, 2016 e os meses que levamos de 2017. Aínda que, as empresas poderán pagar os a t rasos
correspondentes os seus traballadores no prazo de tres meses (a partir da data de publicación no
BOE) e fraccionar as cuantías con carácter retroactivo en tres pagos dentro deses tres meses.
Compromiso de acordar as táboas de 2018 antes do 31 de diciembro de 2017.
Dereito a acumular as horas de lactancia: 15 días laborables.