A PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO DE GALICIA CONVOCA FOLGA XERAL NO SECTOR EDUCATIVO O 9 DE MARZO

Publicado o 02 de marzo de 2017

 

A FE-CCOO de Galicia, FeSP-UGT, ESCOLA VIVA, SINDICATO DE ESTUDIANTES, IESGA e STEG, facemos un chamamento á folga a toda a comunidade educativa o vindeiro 9 de marzo. 

Un goberno en minoría pretende seguir desenvolvendo a LOMCE despois de que o parlamento aprobara por ampla maioría unha proposición de lei para derrogala. De nada valen as boas palabras e promesas dun pacto educativo cando os feitos van en camiño contrario:

 

  • Presentación dun recurso no TC para que a proposición de lei para derrogar a LOMCE non sexa tramitada no Congreso dos Deputados. Vulneran así a separación de poderes e actúa así desprezando á comunidade educativa e ao poder legislativo onde reside o poder popular.
  • Mantemento dos recortes en educación como pode verse nos compromisos con Bruxelas. Chegaremos ao 3,9% se non o remediamos antes. Máis de 9.000 millón recortados e seguimos sumando.
  • Incremento da temporalidade nos cadros de persoal docente.
  • Paralización , que non derrogación, das reválidas a espera do Pacto 
  • Ralentización dos traballos da subcomisión parlamentaria que estivo paralizada dous meses e medio cando a súa vida é de 6 meses como máximo.
  • Retraso nos orzamentos do estado, así como o escaso incremento das partidas dedicadas a educación nos orzamentos galegos, que impiden a reversión dos recortes en educación non garantindo a igualdade de oportunidades e afondando na desigualdade.
  • Xestión antidemocrática dos centros co desprezo a todos os sectores da comunidade educativa.
  • Aínda se descoñece a proba de acceso á universidade a 3 meses da súa realización polo noso alumnado.
  • Bolsas do Ministerio de Educación sen cobrar no último trimestre do curso co único obxectivo de expulsar a aquel alumnado que non se podía pagar os estudos universitarios.

 

As mobilizacións que fomos convocando e que culminaron coa folga do 26 de outubro  fixeron posible a paralización temporal das reválidas. A resposta social obrigounos a tomar unha decisión que non querían. Este goberno só entende unha língua e nós estamos dispostos a seguir falando no mesmo idioma: a folga.

 

Unha folga contra os recortes en educación, contra a LOMCE e a contrarreforma universitaria, unha folga contra a demolición da escola pública  e a favor dun sistema educativo máis xusto e equitativo que garanta a igualdade de oportunidades, un sistema educativo para todos e para todas sen excepción.

 

 A loita abarca dende a educación infantil ata a Universidade. Seguimos esixindo:

  • A derrogación da LOMCE e do RD 3-2 
  • O diálogo cos axentes sociais para acadar unha nova lei consensuada política e socialmente;
  • A reversión dos recortes; 
  • Incremento dos orzamentos dedicados a educación; 
  • A recuperación dun sistema de bolsas que garanta a igualdade de oportunidades;
  • Un ensino que respecte e valore a nosa lingua;
  • A eliminación  das prácticas non remuneradas na FP; 
  • A recuperación dos cadros de persoal docentes; 
  • A dignificación das condicións laborais dos profesionais do ensino; 
  • A derrogación das contrarreformas universitarias;
  • O freo á privatización do sistema educativo...

 

Ao goberno do PP e a todos aqueles que nos din que non é momento para folgas porque hai que darlle un voto de confianza e deixar traballar á Subcomisión Parlamentaria na consecución dun Pacto Educativo, pedímoslles que non traten de confundir á cidadanía, pois sen loita non pode haber avances. Non facemos folga contra a subcomisión parlamentaria senón contra as políticas educativas dun goberno sen norte. Mentres se traballa a prol do Pacto deben cesar os recortes en educación e deben darse pasos en busca de acordos, cousa que o PP non fai.


Por todo isto convocamos esta folga xeral educativa o próximo 9 de marzo, e chamamos a todos os sectores da comunidade educativa a apoiala e a participar nas seguintes mobilizacións:

CIDADE

 HORA 

LUGAR de SAÍDA

A Coruña

12.00

Pza. da Palloza

Ferrol

12.00

Edificio da Xunta

Santiago

12.00

Alameda

Vigo

12.00

Pza. América

Ribeira

12.00

IES nº1

Ourense

19.30

Subdelegación do Goberno

Lugo

12.00

Edificio Multiusos (Concentración)

 

NON Á LOMCE!

NON AOS RECORTES EN EDUCACIÓN!

POR UNHA ESCOLA PÚBLICA INCLUSIVA E DE CALIDADE

POLO DEREITO Á EDUCACIÓN.