Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades de distintos corpos

Publicado o 08 de novembro de 2023

Publicadas as resolucións do 8 de novembro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polas que se convocan procedementos para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades de distintos corpos:

  • Corpo de profesores de ensino secundario (590)
    • 590102 -  Análise e química industrial
    • 590107 -  Informática
    • 590109 -  Navegación e instalacións mariñas
    • 590123 -  Procesos e produtos en madeira e moble
    • 590124 -  Sistemas electrónicos
    • 590125 -  Sistemas electrotécnicos e automáticos
    • 590205 -  Instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluídos
    • 590206 -  Instalacións electrotécnicas
    • 590227 -  Sistemas e aplicacións informáticas
    • 590231 -  Equipos electrónicos
  • Corpo de profesores de música e artes escénicas (594)
    • 594118 -  Dramaturxia e escritura dramática
    • 594130 -  Teoría das artes do espectáculo
    • 594436 -  Danza clásica
    • 594431 -  Viola
    • 594427 -  Trompa
    • 594423 -  Piano
    • 594414 -  Guitarra
    • 594460 -  Linguaxe musical
  • Corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (598)
    • 598006 -  Patronaxe e confección
    • 598010 -  Soldadura