Terceira xornada de folga e manifestación na educación infantil 0-3
Despois do éxito das dúas primeiras convocatorias de folga e da manifestación do pasado 28 de outubro en Madrid, convocamos a terceira xornada das catro previstas:
FOLGA e manifestacións o mércores 8 de novembro
- Na Coruña, ás 11:30, saída da Praza de Pontevedra e chegada no Obelisco
- En Santiago, ás 12:00, concentración na Rúa do Vilar (diante da CEG)
- En Vigo, ás 12:00, saída dende a Farola de Príncipe ata Porta do Sol, pasando por Colón e Policarpo Sanz
POR UN CONVENIO DIGNO E SALARIOS XUSTOS!
NON AO BLOQUEO DAS NEGOCIACIÓNS!
