Convocadas as licenzas por formación para o curso 2023/24

Prazo de inscrición: ata o 27 de xuño de 2023 (incluído)

‌ Resolución

‌ Web da Consellería

  • Destinadas a persoal docente non universitario.
  • Convócanse tres modalidades, todas retribuídas:
    • Modalidade 1: elaboración ou actualización de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, ESO, bacharelato, FP e ensinanzas de réxime especial.
    • Modalidade 2: proxectos para a creación de cursos non presenciais para a formación do profesorado dentro do modelo competencial da Rede de Formación e do marco da Competencia Dixital Docente.
    • Modalidade 3: proxectos para a creación de materiais curriculares dixitais para os cursos de especialización de FP.

‌ Temáticas preferentes da modalidade 2