Persoal laboral. Publicado o requirimento de emenda de documentación do procedemento de acceso aos graos I e II do complemento de desempeño (PSEC)

Prazo: dende o 7 ata o 27 de xuño de 2023 (ambos incluídos)

‌ Resolución (DOG)

Lembrade pedir cita con antelación no rexistro, en caso de que sexa necesario

No anexo da resolución figura a listaxe de solicitudes que deberán emendar documentación porque non consta no Rexistro Central de Persoal.

A acreditación dos méritos de formación realizarase de xeito electrónico através do sistema FIDES. Os documentos acreditativos electrónicos orixinais ou copias electrónicas auténticas achegaranse electronicamente.

Para os méritos para os que non se dispoña de ditos documentos electrónicos, o solicitante deberá primeiro cubrir a información no sistema FIDES, xerar a solicitude e presentala presencialmente acompañada dos documentos acreditativos.

A acreditación do resto dos méritos debe presentarse preferiblemente por vía electrónica mediante un procedemento PR004A dirixido á Dirección Xeral da Función púpblica sinalando o procedemento AP504F Actualización de méritos. Excepcionalmente, de forma presencial.

Documentación relacionada

ORDE do procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa para o persoal funcionario