Aberto o prazo para solicitar habilitacións para docencia no ensino privado

‌ https://www.edu.xunta.gal/habilitacions/

Prazo de presentación de solicitudes: do 1 ao 30 de xuño de 2023, ambos incluídos.

Este servizo web da Consellería permite xerar solicitudes de habilitación para o exercicio da docencia en centros privados nas ensinazas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional.

O prazo de presentación de solicitudes é do 1 de xuño ao 30 de xuño de 2023. As solicitudes deberán presentarse por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. A documentación necesaria para a solicitude está establecida na Orde do 22 de xullo de 2020, pero aquelas persoas que a presentaron en convocatorias a partir de xaneiro de 2021 non necesitan presentala de novo.

Non é necesario pagar ningunha taxa para solicitar a habilitación. No entanto, se desexa obter un certificado con todas as materias habilitadas, deberá solicitalo á Subdirección Xeral de Recursos Humanos e pagar a taxa correspondente.

Os prazos ordinarios de habilitación son: do 10 ao 31 de xaneiro, do 15 ao 31 de marzo, do 1 ao 30 de xuño e do 1 ao 15 de setembro.