Valoración dos resultados das eleccións de profesorado das ensinanzas de Relixións

‌ Consulta os resultados en detalle

Agradecemos a confianza despositada nesta organización sindical durante este proceso electoral, de gran complexidade. Queremos destacar que, a pesar das presións para orientar o voto cara a certas opcións sindicais, e a pesar da redución de catro delegados/as no número total a elixir, fomos quen de revalidar os resultados das eleccións de 2019, o que nos permitiu obter de novo catro representantes.

Amais, desexamos expresar o noso máis sincero agradecemento a todas aquelas persoas que, finalmente, exerceron o seu voto de forma libre, sen sucumbir ás presións, independemente da opción que elixiran. A vosa determinación e independencia son un exemplo de compromiso co movemento sindical e coa defensa dos dereitos laborais.

O voso apoio e participación activa danos forza para seguir traballando con compromiso e determinación en prol da mellora das vosas condicións laborais.