Toda a información da mesa sectorial do 22 de maio de 2023

Orde do día:

 Consulta a nosa intervención

Hoxe, martes 23 de maio de 2023, asistimos á mesa sectorial.

Nela, a Consellería admitiu varias demandas presentadas por CCOO Ensino co fin de mellorar o proceso de selección de prazas das direccións do CFR e das asesorías do CAFI. Entre as principais demandas aceptadas está a necesidade de contar cun mapa de recursos humanos tanto do CAFI como do CFR, co obxectivo de coñecer a realidade dos recursos existentes e a súa adecuación ás necesidades formativas do persoal docente. A Consellería tamén se comprometeu a publicar un modelo de rúbrica para a fase de entrevista do proceso de selección.

Admitiuse tamén a ampliación da temporalización de todas as modalidades de licenzas de formación a 30 de xuño para facilitar que se acollan os funcionarios/as prácticas.

No ámbito das actividades formativas e os gastos de formación, as demandas aceptadas inclúen a posibilidade de solicitar o reintegro de gastos non só para as actividades relacionadas coa igualdade, convivencia e inclusión, as TIC, STEM ou plurilingüismo, senón tamén para as actividades artísticas.

Na convocatoria de prazas nas asesorías, tamén se aceptaron varias demandas. A máis importante, do mesmo xeito que nas prazas de CFR e CAFI, é a publicación dunha rúbrica cos criterios de avaliación para a entrevista.

Finalmente, respecto a outros asuntos plantexados, a principal novidade é que a administración confirma que leva tempo traballando para poder ter algún tipo de avance na recuperación do horario de 18 e 21 horas de cara ao curso que vén.