Publicado o sorteo dos tribunais para as oposicións 2023

Publicado o resultado do sorteo dos docentes que serán vogais dos tribunais das oposicións. As presidencias dos tribunais anunciaranse máis adiante.

‌ Tribunais do corpo de mestres

‌ Tribunais do corpo de secundaria e outros

‌ Causas de concesión de suplencia

‌ Causas de abstención e recusación

Calquera solicitude de suplencia, abstención, exención ou recusación debe presentarse ante a presidencia do tribunal, despois de que sexan nomeadas.

Na web da Consellería

Publicación do resultado do sorteo dos/as vogais dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos do concurso-oposición para o ingreso a corpos docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 5 de decembro de 2022. O sorteo tivo lugar o día 25 de abril de 2023, ás 9.00 horas na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en Santiago de Compostela.