Curso telepresencial: as programacións e unidades didácticas en Primaria

Curso en liña: as programacións e unidades didácticas en Primaria

‌ Telepresencial por Google Meet. 8 horas. 30 prazas.

‌ Horario:

  • Xoves 18 de maio, de 17:00 a 20:00
  • Luns 22 de maio, de 17:00 a 20:00
  • Xoves 25 de maio, de 18:00 a 20:00

‌ Custo:

  • De balde

‌ Prazo de inscrición: ata completar as 30 prazas

Solicitada homologación á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

‌ Formulario de inscrición

‌ Anuncio en PDF

RELATOR

Manuel Martínez Alonso – Secretario e orientador

OBXECTIVOS

  • Concienciar e comprender a importancia de programar na práctica do ensino-aprendizaxe.
  • Aproximar aos diferentes niveis de concreción curricular que deben estar presentes na programación.
  • Coñecer as principais partes e apartados dunha programación e dunha unidade didáctica en Primaria.

CONTIDOS

  • A programación: Que é? Para que serve?
  • Importancia de programar a práctica do ensino-aprendizaxe.
  • Os niveis de concreción curricular e principal lexislación de referencia para elaborar a programación.
  • O proceso de elaboración da programación: apartados e compoñentes principais.
  • O proceso de elaboración da unidade didáctica: apartados e compoñentes principais.