As organizacións patronais de Atención a persoas con discapacidade levántanse da Mesa e bloquean a negociación colectiva

XVI CONVENIO COLECTIVO DE CENTROS E SERVIZOS DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADE

A Mesa Negociadora do 27 de marzo non se puido celebrar con normalidade, xa que as organizacións patronais decidiron levantarse á media hora de iniciada a reunión e dar por concluída a negociación prevista.

‌ infórmaTE en PDF

AEDIS, patronal maioritaria, esixiu a condena e rectificación dunha posta en escena en redes sociais levada a cabo por un comité de empresa de CCOO, na que se denuncian as situacións de estrés que sofren profesionais do sector. Ademais, pretendía que o sindicato se sumase ás accións que desde esa organización patronal se puidesen levar a cabo contra o comité.

Desde CCOO manifestamos que non ten sentido trasladar ao ámbito da negociación colectiva aquelas cuestións que nos poidan molestar e que son externas á propia negociación, e que esta non debe entorpecerse pola multitude de casuísticas que se poden dar no sector. De feito, lembrámoslles casos en que empresas do ámbito dos centros especiais de emprego foron obxecto de sancións graves por parte da Inspección de Traballo polas irregularidades e excesos cometidos contra as persoas traballadoras con discapacidade, situacións que as organizacións sindicais non usamos como escusa para bloquear a negociación.

Ante a nosa negativa a entrar no seu xogo, o resto das organizacións patronais sumáronse a AEDIS e decidiron dar por rematada a reunión, decisión que nos parece de especial gravidade, xa que paraliza e obstaculiza a busca de acordos en beneficio das persoas traballadoras e das entidades. Unha vez máis, afloran nas súas iniciativas comportamentos infantís, actuando á marxe do sector.

Pedimos que reconsideren a súa postura e que volvan á Mesa Negociadora na reunión prevista para o vindeiro 12 de maio. É a mellor maneira de velar polos intereses das persoas ás que din defender e representar.

CON CCOO LOITAS, CON CCOO AVANZAS