Acordos de CCOO co Goberno con repercusión na Concertada

ENSINO CONCERTADO – PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS (PAS) 

Acordos de CCOO co Goberno con repercusión na Concertada:

  • Salario Mínimo Interprofesional (SMI)
    • Subimos un 8 % en 2023, co que se sitúa en 1080 € mensuais, con catorce pagas
    • Ten carácter retroactivo dende o 1 de xaneiro.
  • Incrementos retributivos na Función Pública
    • 3,5 % en 2022.
    • 2,5 % en 2023, revisable en setembro deste ano en función da inflación acumulada ata o momento.

Estes aumentos son os que se trasladan ao Ensino Concertado.

Propostas retributivas de CCOO para o PAS:

Nas próximas mesas negociadoras defenderemos:

  • Incremento adicional do 1,5 % en 2022 sobre todos os conceptos retributivos. Cómpre recordar que xa se firmou un 2 %.
  • Salarios base en 2023 non inferiores ao SMI, para evitar a absorción dos trienios.
  • Incremento mínimo de 2,5 % en 2023 para as categorías que están por riba dos 1080 € mensuais.
  • Revisión á alza das táboas salariais en setembro de 2023. 

 

CON CCOO LOITAS, CON CCOO AVANZAS