Infórmate sobre a Xuntanza da Mesa Xeral de Empregados Públicos do 10 de xaneiro de 2023 (Persoal laboral)

Nota informativa de CCOO da xuntanza da Mesa Xeral de EEPP, na que se trataron os seguintes temas:

  • Modificación de 7 postos nas RPT das Consellerías de Promoción de Emprego e Igualdade, Medio Rural, Política Social e Xuventude e Cultura, e Educación, Formación Profesional e Universidades
  • Interpretación de determinadas cláusulas das bases dos procesos de estabilización

Publicado o 12 de xaneiro de 2023

O dia 10 de xaneiro de 2023, celebrouse a xuntanza da Mesa xeral de empregados públicos, na que se trataron as seguintes cuestións:

Punto primeiro.- Modificación de 7 postos nas RPTs de Emprego, Medio Rural, Política Social e Educación para reconvertelos a postos de persoal laboral e así poder ofrecer á elección de destino das persoas que superaron os correspondentes procesos selectivos de consolidación. Por parte de CCOO solicitouse que para este persoal, e para outros colectivos que tamén están pendentes, se leve a cabo o antes posible a promoción interna horizontal para adquirir a condición de persoal funcionario prevista na normativa. 

Punto segundo.- Interpretación de determinadas cláusulas das bases dos procesos de estabilización. 

  • Valoración da experiencia do persoal transferido desde outra Administración: Función Pública propón valorar o tempo ata a transferencia como prestado noutra Administración (a 0,125 puntos/mes) e a partir de aí como prestado na Xunta (é dicir, a 0,30 puntos/mes). CCOO esiximos que debe computarse todo o tempo como se fose na Xunta xa que o acto da transferencia non é voluntario para os traballadores e de non terse producido este, os traballadores afectados non terían ningunha penalización se estabilizasen os seus postos na súa administración de orixe. Ademais, entendemos que este mesmo criterio debe aplicarse ao persoal do Consorcio  subrogado  desde  a  Administración  Local.  Resposta  DXFP:  valorarán  as  alegacións  das organizacións sindicais e darán resposta definitiva nos próximos días.
  • Persoal  afectado  polas  tres  convocatorias  reguladas  na  Lei  4/88  da  Función  Pública  de  Galicia,  que  a Administración considera que, si non superou estas convocatorias, xa ostenta a condición de laboral fixo e polo tanto non se lles computarán os servizos prestados para os procesos derivados da Lei 20/2021, precisamente porque son laborais fixos a extinguir.
  • Cómputo  dos  servizos  prestados  en  entes  do  sector  público  para  o  persoal  vinculado  á  extinción de incendios: para a Administración os servizos prestados en categorías vinculadas á extinción de incendios en postos de 6 meses, computarán como servizos prestados noutras administracións. Desde CCOO estamos de acordo xa que, por exemplo, no caso de SEAGA os servizos prestados na empresa valóranse máis que na Xunta. Polo tanto, o único que se esta a facer é aplicar o principio de reciprocidade. O DXFP informa respecto da inclusión destas prazas que están revisando xurisprudencia e consultando coa asesoría xurídica a pertinencia ou non de que sigan manténdose na OPE de estabilización dado que non esta claro que se poida  considerar  que  houbo  unha  subrogación  ou  unha  sucesión  de  empresa  e  polo tanto  unha continuidade da relación laboral entre SEAGA e a Xunta a partir de 2019.

Rogos  e  preguntas.-  Interpretacións  e  información  facilitado  pola  DXFP  sobre  aspectos  relacionados  cos procesos de estabilización. 

  • Están elaborando unha guía sobre a estabilización coas preguntas e respostas máis frecuentes ou que máis dúbidas de interpretación suscitan. 
  • Mantense  o  criterio  de  descontar  ou  de  non  incluír  prazas  convocadas  en  anteriores  procesos  de estabilización. Polo que se refire a prazas de procesos non rematados, o DXFP manifesta que si que están incluídas nos anexos das convocatorias as convocadas e non resoltas pero que se descontarán as que fosen ocupadas neses procesos e manteranse na OPE de estabilización as non ocupadas, sempre que cumpran os requisitos.
  • Queda  definitivamente  aclarado  que  un  aspirante  pode  presentarse  ás  convocatorias  que  queira,  xa sexan por concurso ou por concurso-oposición aínda que sexa para a mesma escala ou categoría. 
  • Queda pendente de decidir se este proceso vai computar para a actualización de méritos do Decreto 37/2006 ou, tendo en conta que para algunhas escalas ou categorías se convocan moi poucas prazas, dar a opción máis favorable para o traballador entre este proceso e o que actualmente se ten en conta para as listas. 
  • Respecto  da  problemática  xurdida  en  torno  a  persoas  que  non  teñen  a  titulación  esixida  para  acceder  á correspondente  escala  funcionarial,  desde  CCOO defendemos  que  se  debe  buscar  unha  solución  que respecte a legalidade en canto á normativa de titulacións e tamén o dereito das persoas afectadas para poder estabilizar o seu posto de traballo. Dito isto, o que non se pode é tratar de resolver un problema a un colectivo de persoas traballadoras, cando en realidade o problema afecta a moitas máis categorías e sobre todo en base a un informe de dubidosa legalidade. Polo tanto, para CCOO a solución do problema ten  que  ser  global  e  para todos.  O  que  non  vale  é  resolver  o  problema  para  uns  e  deixar  ao  resto  na estacada. No caso concreto das TEXIS: por que vale o título de mestre en educación infantil ou primaria para estabilizar en postos de TEXI e non vale a habilitación expedida pola propia Xunta para a mesma finalidade?
  • Respecto da estabilización de prazas en categorías a extinguir, a opinión de CCOO é que este non debe ser impedimento  para  incluílas  no  proceso  selectivo  xa  que os  traballadores  afectados  foron  os  que “xeraron” esas prazas en virtude da sentenza de indefinición ou da fraude de lei na contratación ou do abuso da temporalidade. Polo tanto, a escusa de que están a extinguir non a podemos compartir. 
  • Están  valorando  se  a  publicación  da  listaxe  definitiva  das  prazas  na  web  de  Función  Pública  pode considerarse  como  comunicación  ao  interesado  de  que  a súa  praza está  incluída  no  correspondente proceso selectivo ou se hai que facer unha comunicación nominal e expresa a cada un.

 

 InfórmaTE en PDF