Novidades nos partes de baixa a partir do 1 de abril de 2023
- A persoa traballadora non terá que presentar parte de baixa, alta nin confirmación á empresa a partir do 1 de abril de 2023 por baixas inferiores a un ano. A empresa ou a mutua realizarán as xestións oportunas de maneira telemática e inmediata coa Seguridade Social.
- Real Decreto 1060/2022, de 27 de decembro, polo que se modifica o Real decreto 625/2014, de 18 de xullo, polo que se regulan determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros trescentos sesenta e cinco días da súa duración
- Toda a información, en PDF
Publicado o 11 de xaneiro de 2023