Consulta o titorial e o videotitorial para inscribirte nas oposicións 2023
Concurso oposición de estabilización ao abeiro da Lei 20/21. Convocado pola Orde do 5 de decembro de 2022.
Titorial para facer a solicitude de inscrición en PDF
Videotitorial para facer a solicitude de inscrición
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 10 ao 30 de xaneiro de 2023

O persoal interino e substituto non está obrigado a presentarse para manter o seu posto de lista, pero si se pretende acceder a indemnización que recolle a Lei 20/21. (Addenda ao acordo de interinos).
Non se confeccionarán listas de interinidades e substitucións derivadas deste proceso selectivo.
As solicitudes deberán realizarse exclusivamente por medios telemáticos, a traves da aplicación https://edu.xunta.gal/oposicions/ e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia.