Xuntanza entre os responsables da DXFP e as organizacións sindicais (PSEC)

O día 27 de decembro de 2022 celebrouse unha xuntanza entre os responsables da DXFP e as organizacións sindicais da mesa xeral, para tratar as seguintes cuestións.

Publicado o 30 de decembro de 2022

  1. Publicación de convocatorias derivadas da lei 20/21 e as súas consecuencias:
    • Trátase de procesos abertos de libre concorrencia.
    • Estanse a publicar nos DOG do 26/12/2022 as bases do proceso selectivo por concurso de méritos e no do 27/12/2022 as do proceso selectivo por concurso-oposición.
    • O prazo de apertura para matricularse nestes procesos abrirase o 16 de xaneiro do 2023 e rematará o 10 de febreiro do 2023
    • O proceso de estabilización por concurso-oposición será separado de calquera outro proceso de acceso libre.
    • Se o persoal que participe nos procesos de estabilización e noutro proceso de acceso libre, distinto dos de estabilización, aproba un dos procesos, devolveranlle as taxas dos outros procesos. 
    • Nos próximos días e ata o venres día 30 de decembro, iranse publicando as bases das convocatorias dos distintos entes públicos, tanto no DOG como na páxina web de Función Pública 
    • Nesta semana publicarán novos listados de diferentes escalas e categorías, que incorporan máis prazas alegadas. En concreto, para o proceso selectivo por concurso, 39 prazas máis, e para o proceso selectivo de concurso-oposición, 7 prazas máis. 
    • As previsións de nomeamentos de tribunais para os procesos de concurso-oposición serán no primeiro semestre de 2023.
    • A baremación dos méritos dos procesos de concurso-oposición realizarase unha vez se faga a proba do exame de galego (para aqueles que non acrediten o CELGA exixido). 
  1. Outras cuestións tratadas:
    • Comprometéronse a remitir nesta semana os criterios do cómputo das prazas do persoal laboral de incendios que cumpran os requisitos da DT 8ª. 
    • Tamén quedaron de remitir o informe da Consellería de Educación, sobre a titulación habilitante para os/as Técnicos de Xardín de Infancia. 
    • Sobre a adscrición das prazas do persoal do Consorcio, din que se fixo en función do que informou a propia Xerencia.
    • Sobre a realización nunha única convocatoria conxunta da proba de galego (incluído o persoal dos entes), din que o valorarán.

Dende CCOO solicitamos que se aclaren as seguintes cuestións:

  • Como se van valorar os servizos prestados do persoal transferido.
  • Como se van valorar os servizos prestados a tempo parcial (medias xornadas, fins de semana, fixos-descontinuos.
  • Como se fai a autoavaliación dos servizos prestados e dos méritos na solicitude inicial. 
  • Se se retiran as prazas reservadas no cupo de discapacitados, se ninguén da escala xerou esa praza. 
  • Se o persoal de corpos ou escalas declaradas a extinguir, pode estabilizar no grupo no que se atopa (ex: axentes forestais, vixilancia gardacostas, etc.).
  • Se a nota dos exames aprobados de estabilización, se vai ter en conta para as listas do decreto. 
  • Se se teñen en conta, para o encadramento do persoal, as funcións que viña efectivamente realizando. 

Antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes (16 de xaneiro) sairá unha nova Resolución única para a fase de concurso, e outra única para concurso-oposición, coas modificacións de prazas, corpo, escala, categorías, titulacións, etc. unha vez revisadas as achegas feitas polos sindicatos, para o que dan de prazo ata o día 10 ou 11 de xaneiro.