Publicado o Plan de formación da EGAP para o ano 2023

A formación do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico correspóndelle á Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) de acordo co que se establece no artigo 3 da súa lei de creación (Lei 4/1987, do 27 de maio), onde se estende a dita función ao persoal doutras administracións públicas, coa excepción do persoal docente e sanitario.

No DOG do 29 de decembro de 2022, RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2022 pola que se publica o Plan de formación para o ano 2023.