Recordatorio importante para o colectivo mutualista

A partir do 1 de xaneiro, e durante todo o mes de xaneiro, os e as mutualistas que así o desexen poderán solicitar o cambio de entidade sanitaria, tanto se deciden adscribirse aos servizos públicos de saúde como ás entidades aseguradoras incluídas no Concerto de Asistencia Sanitaria: Asisa, DKV e SegurCaixa Adeslas. O cambio pode realizarse en calquera sentido.

Desde 2022 xa non se contempla o segundo período de cambio ordinario, que tiña lugar no mes de xuño.

Publicado o 27 de decembro de 2022