Sinatura disposición transitoria acordo interinos

CCOO e o resto de OOSS asinantes do acordo que regula o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Educación engaden unha disposición transitoria polo que o concurso-oposición de 2023 derivado da lei 20/2021 non configurará novas listas de interinidades e substitucións.

Publicado o 20 de decembro de 2022

Por que se asina esta disposición transitoria no acordo?

A convocatoria para este concurso-oposición é de só 125 prazas, de moitas especialidades (26) hai só unha praza convocada. Este procedemento selectivo de ingreso é transitorio. Ademais, as expectativas de poder prestar servizos como persoal interino e substituto para as persoas que se incorporarían en listas son practicamente nulas. 

Quen asina esta disposición no acordo de listas?

As organizacións sindicais asinantes do acordo, e que veñen dando estabilidade e condicións de traballo adecuadas son as seguintes: CCOO ensino, ANPE, UGT-SP ensino, CSIF ensino. Polo tanto, son estes os sindicatos que chegan a acordos coa Consellería no ámbito da regulación do acceso e condicións de traballo do persoal docente interino e substituto da Consellería de Educación. Sen esta sinatura non se podería ter adoptado esta medida.

Conclusión

Resulta acaído lembrar, en especial aos compañeiros e compañeiras de CIG ensino, que as opinións, sen sinaturas en acordos que permitan melloras, son iso, opinións. Convén trasladar a importancia que teñen os acordos porque sen eles non se avanza en ningún ámbito. Animamos ás OOSS non asinantes a reflexionar ao respecto e que se sumen á sinatura do acordo. Deste xeito teremos máis forza todos e todas de cara a mellorar o acordo mediante a negociación.