CCOO asinou un acordo parcial, xunto con UGT e a maioría de organizacións patronais

Na reunión mantida este 14 de decembro, CCOO asinou un acordo parcial, xunto con UGT e a maioría de organizacións patronais. Este acordo inclúe as seguintes novidades:

  • Incorpóranse as táboas salariais dos centros especiais de emprego e centros de atención especializada, para os anos 2022, 2023 e 2024, en cumprimento da sentenza da Audiencia Nacional. Os atrasos correspondentes ao ano 2022 serán aboados polas empresas do sector, como máximo, ata o 30 de xuño de 2023.
  • Incorpóranse as táboas salariais dos centros educativos para 2022 e adóptase o compromiso de adecuar as mencionadas táboas cun incremento adicional do 1,5 % para os centros concertados desde o momento en que se verifique que a Administración o fai efectivo. Os atrasos poderán aboalos as empresas do sector, como máximo, ata dous meses despois da publicación no BOE.
  • Modifícanse os artigos referentes ao contrato fixo descontinuo e ao contrato de duración determinada por circunstancias da produción para adecualos á última reforma laboral.
  • Todas as organizacións sindicais e patronais asinantes desisten dos recursos presentados ou por presentar na Audiencia Nacional.
  • As partes asinantes comprométense a seguir negociando o resto do XVI convenio colectivo.

Este acordo enviarase ao BOE para a súa publicación e o seu contido íntegro incorporarase ao texto global do XVI Convenio colectivo de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade que finalmente asine a Comisión Negociadora.