Recomendacións de CCOO ao Consello Escolar do Estado

  • Finalizar os estudos sobre financiamento comprometidos na disposición adicional 29.ª da LOE, que garantan a gratuidade do posto escolar e que a normativa educativa determine que as Administracións educativas das diferentes comunidades autónomas teñan que definir os seus propios módulos de concertos educativos nas súas leis orzamentarias e garantan o cumprimento das obrigas laborais.
  • Negociar un novo real decreto de concertos adaptado á nova realidade laboral do sector e que, nos seis meses posteriores á súa aprobación, as comunidades autónomas diten as normas de desenvolvemento do citado real decreto no seu ámbito correspondente.
  • Garantir que os procedementos de selección e despedimento do persoal dos centros concertados sexan transparentes.
  • Establecer acordos de mantemento do emprego ante decisións administrativas sobre peche de unidades concertadas que supoñan despedimentos e que se vinculen ao compromiso de acceso a vacantes ordinarias dos centros concertados, especialmente por xubilacións parciais ou definitivas.
  • Estender os sexenios ao profesorado dos centros concertados que aínda non os estean percibindo e que poida ter xubilación parcial e/ou anticipada.
  • Equiparar a xornada laboral do profesorado do ensino concertado á do profesorado do ensino público.
  • Negociar criterios obxectivos que definan os cadros de persoal de administración e servizos e persoal titulado complementario dos centros educativos concertados, como paso previo á súa incorporación ao pagamento delegado.
  • Implementar complementos autonómicos para o persoal de administración e servizos e complementario dos centros concertados ordinarios e de educación especial. Tamén, que estes complementos se inclúan no capítulo de pagamento delegado.
  • Proporcionarlle ao alumnado con necesidades educativas especiais, en todos os centros sostidos con fondos públicos, os enfoques e as respostas educativas e socializadoras que mellor se adapten ás súas necesidades. Serán dotados dos recursos humanos necesarios, tanto de persoal docente como non docente, para que este alumnado consiga a súa plena integración social e laboral.
  • Regular os servizos complementarios, as actividades escolares externas ao centro docente e as actividades extraescolares, así como as correspondentes cotas, que serán similares en todos os centros sostidos con fondos públicos. Estas actividades, que non poden ter carácter lucrativo, precisan, ás veces, da participación económica das familias e poden ser un factor importante de falta de equidade do sistema educativo que afecte ás súas decisións escolares.

 

En CCOO somos conscientes de que moitas destas propostas non terán percorrido máis alá da súa incorporación ao informe final. Por iso no seu momento trasladamos ao ámbito da negociación do VII Convenio Colectivo algunhas destas cuestións, na busca de vías complementarias para a mellora das condicións laborais das persoas traballadoras do sector, que se acabaron incorporando á redacción final.

 

CON CCOO LOITAS, CON CCOO AVANZAS