Acordos na mesa negociadora do convenio colectivo de discapacidade
XVI CONVENIO COLECTIVO DE CENTROS E SERVIZOS DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Comeza unha nova etapa na negociación do convenio. Na reunión da mesa negociadora do 2 de decembro acordáronse táboas salariais e adquiríronse certos compromisos.

Na reunión da Mesa Negociadora celebrada o 2 de decembro procedeuse a acordar as táboas salariais nos seguintes termos:
- Táboas salariais para o período 2022-2024, para CEE e Centros de Atención Especializada, de acordo á sentenza da Audiencia Nacional.
- Táboas de centros educativos sen concerto: incremento dos salarios base nun 3,5 %.
- Táboas de centros educativos con concerto:
- Incremento do 2 % co compromiso de engadir un 1,5 % adicional en canto se verifique que a Administración o fai efectivo aos centros.
- Incremento dos salarios base máis baixos a 925 euros.
- Subida do valor do trienio de logopedas, fisioterapeutas, traballador/as sociais e outros titulados de grao ou de grao medio de 47,08 € a 64,54 €.
- Posibilidade de pagar os atrasos ata o 30 de Xuño de 2023 en CEE e asistenciais.
Ademais, adquiríronse os seguintes compromisos:
- Compromiso de modificar na próxima Mesa do 14 de decembro a ampliación do prazo no contrato por circunstancias da producción e introducir a parcialidade no fixo discontinuo. Unha vez realizados os cambios oportunos en materia de contratación, enviaranse ao BOE as modificacións realizadas xunto ás táboas salariais.
- Compromiso de negociación para cerrar a totalidade do convenio antes do 30 de marzo de 2023.
- Compromiso de non formalizar os recursos anunciados.
Desde CCOO valoramos positivamente a reunión de hoxe, xa que marca o inicio dunha nova etapa no desenvolvemento da negociación do XVI convenio colectivo.