CCOO Ensino aumenta en seis delegados nas eleccións sindicais e consolídase como segunda forza

Son, historicamente, os mellores resultados da Federación do Ensino de CCOO. Ademais, na provincia de Ourense gañamos de novo, acadando dez delegados (dous máis que hai catro anos)

Publicado o 02 de decembro de 2022

Nas eleccións sindicais celebradas onte no ensino galego quedou reflectido de xeito claro a gran mellora de CCOO con respecto ás eleccións de 2018. O sindicato pasa de 28 a 34 delegados/as, o que supón consolidar o segundo posto e mellorar a representación nos catro órganos provinciais aos que se presenta. Na provincia de Ourense gañamos as eleccións con 10 delegados. Na provincia da Coruña aumentamos en tres, na de Pontevedra un e dous máis en Ourense.

CCOO-Ensino quere agradecerlle á súa afiliación e a todas as persoas que votaron o apoio depositado nestas eleccións, pois reforzan o modelo de sindicalismo útil e efectivo que ten como obxectivos fundamentais acadar melloras para as e os docentes galegos e a defensa dun ensino público de calidade.

 

CCOO

CIG

UGT

ANPE

CSIF

STEG

CUT

A CORUÑA

12

26

0

6

0

3

0

LUGO

3

11

2

6

4

3

0

OURENSE

10

8

2

3

3

1

0

PONTEVEDRA

9

22

4

3

2

3

0

TOTAL GALICIA

34

67

8

18

9

10

0