Vota CCOO Ensino

Vai para 20 anos que mulleres ocupan a Secretaría Xeral da Federación de Ensino de CCOO.

Aposta polo sindicalismo útil, o que defende as súas propostas sen atacar a ningunha outra organización sindical porque ten ben claro que o adversario é a Administración. O que non engana prometendo imposibles e logo non dá chegado a ningún acordo.

Apoia o sindicato que non descansa nas redes para estar sempre ao teu carón cando máis o precisas. 

Vótanos, xa sabes que deixamos a pel para pelexar con calquera goberno, sexa da cor política que sexa. Porque non temos ataduras, ninguén nos di con quen podemos chegar a acordos ou con quen non. O difícil é conseguir melloras con que pensa distinto a ti. Por iso somos a mellor opción.

Deposita a túa confianza en nós. Non te defraudaremos.

Vota a CCOO Ensino!