Calcula a suba salarial conseguida por CCOO segundo a túa antigüidade

Publicado o 22 de novembro de 2022

Como resultado do acordo que CCOO asinou o 19 de outubro de 2022 co Goberno  para todas as empregadas e empregados, correspóndeche unha suba salarial do 3,5 % no ano 2022, 3,5 % no 2023 e un 2,5 % no 2024. Isto supón un incremento total do 9,8, ao se aplicar cada suba anual sobre a anterior.

Ademais, o acordo implica que o incremento na suba do 2022 é retroactivo, con pagamento de atrasos desde xaneiro, é dicir un 1,5 % máis ao mes para engadir ao 2 % que nos subiu o soldo orixinalmente.

Para que poidas comprobar o efecto do acordo, tanto no que supón o incremento adicional de 2022 como no que supón de diñeiro extra no período completo de 2022 a 2024, poñemos ao teu dispor esta calculadora á que podes acceder a través da seguinte ligazón.

Desde CCOO continuaremos actuando e traballando para seguir incrementando o recoñecemento do labor docente e para mellorar as condicións retributivas e laborais do profesorado: facer realidade a redución do horario lectivo e a xornada de 35 horas semanais, como marca tamén o acordo, implementar a xubilación parcial, recuperar a xubilación incentivada, subir de nivel os corpos docentes, mellorar todas as ratios, mellorar a saúde laboral do profesorado, reducir a burocracia e outras moitas cuestións.

Todas e todos xuntos temos, sen dúbida, o poder de cambiar as cousas.