CCOO solicita a convocatoria da mesa negociadora para actualizar as táboas salariais de 2022

Logo da reunión mantida co Ministerio de Educación e Formación Profesional, o pasado 10 de novembro, e tras se confirmar que as diferentes partidas dos módulos de concertos educativos se incrementarán adicionalmente nun 1,5 % para 2022, CCOO solicitou, xunto co resto de organizacións sindicais, a convocatoria da mesa negociadora para actualizar as táboas salariais deste ano.
Hai que lembrar que este incremento do 1,5 %, adicional ao 2 % que xa se aplicou sobre os módulos, e que permitirá actualizar as táboas salariais no sector do ensino concertado, é froito do acordo retributivo asinado por CCOO no ámbito da función pública para o período 2022-2024, e que suporá un incremento acumulado nos salarios de ata o 9,8 %.
Desde CCOO imos esixir a inmediata revisión das táboas salariais, cun incremento mínimo adicional do 1,5 % desde o 1 de xaneiro, que, sumado ao asinado a principios de ano, representaría unha suba total no 2022 do 4,45 % para as categorías referenciadas ao smi e do 3,5 % para o resto de categorías.
Así mesmo, na reunión co Ministerio, CCOO manifestou que, para evitar que algunhas comunidades autónomas deixen de trasladar ás nóminas do profesorado en pagamento delegado o incremento adicional do 1,5 %, é necesario publicar no BOE a actualización dos módulos de concerto orzados inicialmente.
CON CCOO LOITAS, CON CCOO AVANZAS