A suba salarial retroactiva de 2022, lograda por CCOO, cobrarase na nómina de novembro

CCOO asinou un acordo co goberno central para o período 2022-24 que supón un incremento retributivo do 9,8%.

O acordo establece unha suba do 3,5% en 2022. Despois das xestións de CCOO coa Consellería, no mes de novembro pagaranse os atrasos de xaneiro a outubro e actualizarase na nómina a suba do 3,5%.

Isto supón que, na nómina de novembro, percibiremos, por atrasos dende xaneiro ata outubro, o 1,5%, equivalente á contía que podes consultar na seguinte táboa:

Táboa de contías do incremento salarial retroactivo de 2022

Ademais, na mesma mensualidade de novembro, a retribución quedará permanentemente actualizada con ese incremento do 1,5%. As contías son as seguintes:

Táboa de contías do incremento salarial mensual do 1,5% de 2022

A este 3,5% de suba do 2022 seguiralle, no vindeiro xaneiro de 2023, un novo incremento do 2,5% fixo e do 1% variable que case está xa conseguido cos obxectivos de IPC e PIB. Polo tanto, estamos falando de que, en dous meses, as nosas retribucións veranse incrementadas en máis dun 7%.

E, finalmente, en xaneiro de 2024  teremos un novo incremento do 2,5%.

CCOO ensino traballa en prol dun sindicalismo útil, acadando melloras, goberne quen goberne.