Publicado no DOG o procedemento para que o profesorado de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario
- Publicada en DOG a ORDE do 28 de outubro de 2022 pola que se convoca o procedemento para que o profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario.
- O prazo para presentar solicitudes é do 10 de novembro ao 9 de decembro (ambos incluídos).
- As solicitudes deberán realizarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento ED021A).
.png)
Dende CCOO procederemos a reclamar, xudicialmente se é preciso, a integración a todos os efectos dos colectivos non contemplados na convocatoria (persoal interino, persoal funcionario en prácticas, persoas xubiladas...). Da mesma forma, demandaremos un complemento económico para o colectivo do profesorado de sectores singulares da formación profesional.
Isto non prexudica nin atrasa nada nin a ninguén. CCOO iniciou unha campaña de reclamacións hai dous anos, coa cal se acada unha gran reivindicación, con moito traballo e vencendo moitas trabas das administracións. Non é momento de enfrontármonos porque, ademais, debemos seguir loitando xuntos e xuntas polos nosos dereitos, polas nosas condicións laborais e pola Educación Pública.