Xuntanza coa Dirección Xeral de Función Pública (4 novembro 2022)

CRITERIOS VALORACIÓN FASE CONCURSO OPE SOCIAL

O día 4 de novembro de 2022, celebrouse unha xuntanza entre a DXFP e as OOSS, para tratar a disparidade de criterios ao asignar as puntuacións obtidas na fase de concurso dos procesos selectivos da OPE social.

1.- Nas escalas de servizos sociais, especialidades de medicina, psicoloxía, terapia ocupacional, enfermería, fisioterapia, educadores e traballo social, na experiencia profesional diferéncianse os servizos prestados nalgunha das actividades descritas no catálogo de servizos sociais dos servizos prestados en calquera administración fora dos servizos sociais. Ao non especificar cales son os servizos que entrarían dentro do catálogo de servizos sociais, segundo quen fixera as certificacións de servizos prestados marcaron ou non esta casilla e deu lugar a diferencias.

A subdirectora xeral de provisión di que o criterio de consideración de servizos prestados dentro do catálogo de servizos sociais depende non do centro ou organismo onde se presten servizos senón das actividades realizadas. Pero no debía estar moi claro o tema cando a DXFP solicitou en marzo de 2022 un informe a Consellería de Política Social para aclarar estes criterios. Porén, este informe non foi remitido nin aos sindicatos, nin ás diferentes consellerías ou servizos certificadores para que tivesen un criterio común á hora de aplicar os criterios de asignación das puntuacións de cada apartado do baremo. Así, o que sucedeu foi que dependendo de quen fixera as certificacións e a interpretación que se lle dese a redacción da convocatoria unhas persoas terán acreditada a prestación de servizos dentro do catálogo e outras non. Deste xeito tivemos que solicitar aclaración sobre se os servizos prestados no SERGAS, Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e Benestar, centros que proviñan do IMSERSO ou centros de Educación Especial, deben considerarse ou non dentro do catálogo de servizos sociais. En resumo, para ter considerado os servizos como prestados dentro do catálogo de servizos sociais debería terse remitido a certificación segundo o modelo oficial e ter marcado correctamente a casilla “dentro do catálogo de servizos sociais”. De non ser así, non se computan como dentro do catálogo.

CCOO expuxo a indefensión na que nos parece están os/as opositores/as e solicitamos que se retrotraian os procesos para evitar a xudicialización dos mesmos e que isto se alongue no tempo. Dende a DXFP rexeitan a proposta por ser un proceso de concorrencia competitiva e entenden que son os interesados/as os/as que deberían ter reclamado ante o órgano certificador de entender que as certificacións non estaban ben feitas no sentido de marcar ou non a casilla de servizos prestados dentro do catálogo de servizos sociais.

A DXFP manifesta que non entra nin entrará a valorar en ningún caso se as certificacións son válidas ou non. Desde CCOO non se entende polo tanto para qué solicitaron o informe a Consellería de Política Social e non o fixeron público para que todos/as os/as interesados/as e as diferentes unidades certificadoras foran coñecedores/as?

Dende a subdirección xeral de provisión e selección, informan que trasladarán as peticións das OOSS a DXFP para valorar a situación e nos informarán das decisións que se adopten.

2.- Na escala de auxiliares de clínica, na experiencia profesional, diferéncianse os servizos prestados en centros e residencias de servizos sociais en calquera administración pública dos servizos prestados en calquera administración pública sempre que se inclúa dentro do mesmo grupo de titulación. Enténdese segundo a convocatoria que é a mesma categoría cando figure no nomeamento ou contrato a denominación de auxiliar de enfermería ou auxiliar de clínica. Solicitamos aclaración sobre como debe considerarse o tempo de servizos prestados como auxiliar psiquiátrico nos centros que a día de hoxe pertencen a 

Consellería de Sanidade, pero no seu día pertenceron a mesma consellería que os centros de política social. De igual xeito, como deben considerarse os servizos prestados nos CAPD que a día de hoxe son centros de servizos sociais da Xunta, pero foron transferidos do IMSERSO, e os servizos son anteriores a modificación. A este respecto, a DXFP entende que os servizos prestados en centros pertencentes ou que pertenceron a servizos sociais deben considerarse e puntuarse do mesmo xeito. Polo tanto, tanto os servizos prestados como auxiliar psiquiátrico en centros que no seu día eran da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais como os servizos prestados no IMSERSO en CAPD se consideran dentro da mesma epígrafe, sempre que os/as interesados/as teñan correctamente introducidos estes datos no expediente e acreditados mediante certificacións válidas.

3.- Formación
En todas as escalas en canto a puntuación por formación se puntuarían os cursos de formación impartidos no marco do Acordo de Formación para o Emprego das Administracións Públicas (Afedap). Solicitamos aclaración sobre se os cursos dos Acordos de Formación Continua das Administracións Públicas (Afcap) se consideran equivalentes ou non aos Afedap. A DXFP asegura que os cursos de AFCAP son considerados igualmente como os AFEDAP.

Na escala de auxiliares de clínica, segundo a convocatoria, valórase a asistencia a cursos organizados e impartidos directamente pola Escola Galega de Administración Sanitaria. Nas escalas de servizos sociais, especialidades de medicina, psicoloxía, terapia ocupacional, enfermería, fisioterapia, educadores e traballo social, segundo as convocatorias, valórase a asistencia a cursos organizados e impartidos directamente pola EGAP, AGASP, INAP e polas escolas oficiais de formación similares do estado e das restantes comunidades autónomas. Solicitamos aclaración sobre se os cursos de ACIS deberían considerarse ou non nas distintas escalas, xa que coa creación da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS), derrogase a regulación da Escola Galega de Administración Sanitaria, e a ACIS asume a xestión da formación continuada do persoal do SERGAS. FP considera que na escala de auxiliares de clínica, por ter a convocatoria unha redacción diferente ao resto de categorías, os cursos de ACIS deben ser valorados xa que na convocatoria pon “cursos organizados e impartidos pola Escola Galega de Administración Sanitaria”.

4.- En canto ao persoal funcionario subalterno, segundo a convocatoria, na experiencia profesional, distínguense:
a) Servizos prestados como persoal funcionario subalterno
b) Servizos prestados como persoal laboral ordenanza
Computaranse os servizos prestados noutra administración pública cando figure nos contratos ou nomeamentos as denominacións de “persoal subalterno”, “ordenanza”, “bedel”, “conserxe” ou similares.

Solicitamos aclaración sobre que categorías se consideran similares e cales non.
c) Servizos prestados baixo a dependencia de institucións sanitarias do sistema sanitario público
Solicitamos aclaración sobre se os servizos prestados no SERGAS deberían puntuar en calquera categoría o non vir especificado na convocatoria. DXFP di que si que teñen que puntuar do mesmo xeito todos os servizos prestados no SERGAS, independentemente da categoría xa que non ven especificado na convocatoria o contrario.

Informóusenos de moitos casos de documentos non válidos, como copias non auténticas, documentos asinados por persoal que non é funcionario público (como alcaldes), copias con código ilexible, polo que de subsanar o erro en prazo teranse en conta.

Dende CCOO solicitamos que se puidera ter acceso ao expediente para que os/as interesados/as pudieran ver que méritos teñen validados e baremados e cales non. Informan que recentemente, se introduciu unha mellora no aplicativo informático para ter acceso a resposta ás reclamacións por parte dos/as usuarios/as. No apartado de xeración de reclamacións está habilita- do o acceso para a súa xeración e consulta (este novo servizo activouse dende o proceso selectivo de biólogos).