CCOO esixe atención a toda a diversidade e facer realidade o dereito á educación de todo o alumnado
Propón que todo o alumnado con calquera necesidade de apoio educativo conte dobre a efectos de ratio.
Reivindica unha mellora nas ratios de PT, AL e compensación educativa e, ademais, que o alumnado con dificultades específicas de aprendizaxe (DEA) estea tamén asociado a recursos adicionais de PT e AL, cunha ratio máxima de 12 a 1. É imprescindible tamén fortalecer a rede de orientación.
Asíemade, esixe máis recursos para unha adecuada atención aos problemas emocionais e de saúde mental de toda a comunidade educativa
