Sentenza da Audiencia Nacional sobre a inaplicación do artigo 32.1

CENTROS E SERVIZOS DE ATENCIÓN
A PERSOAS CON DISCAPACIDAD
E

Sentenza da Audiencia Nacional do 26 de outubro de 2022

Ante a demanda interposta por CCOO sobre a inaplicación do artigo 32.1, a Audiencia Nacional ESTIMOU TOTALMENTE a nosa pretensión, de maneira que se debe proceder á realización das actuacións precisas para a actualización das táboas salariais que constan no Anexo III do convenio, de forma que se incremente o salario base no 3,75 % establecido pola expresada norma como mínimo, e se estableza o importe do nivel de desenvolvemento N1 do complemento de desenvolvemento e capacitación profesional nun 9,20 % do salario base incrementado (7,50 + 1,70), e o importe do nivel de desenvolvemento N2 do mesmo complemento nun 7,20 % do salario base incrementado (5,50 + 1,70).

E, ademais, condena as empresas a estar e pasar por isto e así aplicalo e pagalo efectivamente.

CCOO foi quen exerceu unha verdadeira acción sindical, estando presente en todas as fases do proceso, a diferenza doutros sindicatos que se limitaron a criticarnos abertamente. Nós

            NEGOCIAMOS con vontade de diálogo e acordo ata o último momento;

            MOBILIZÁMONOS para exercer presión sobre a intransixencia patronal;

            XUDICIALIZAMOS para facer cumprir o asinado no XV Convenio colectivo.

Tras a decisión do tribunal, CCOO solicitou a convocatoria da Mesa Negociadora con carácter de urxencia para poñer fin ao conflito, adecuar as táboas salariais tal e como recolle a sentenza e continuar negociando o XVI Convenio colectivo. A nosa man está tendida, esperando encontrar reciprocidade no banco patronal.

CON CCOO LOITAS, CON CCOO AVANZAS