Mesa Sectorial do 25 de outubro de 2022

  1. Orde pola que se convoca o procedemento para que o profesorado do corpo, a extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario

CCOO comezou hai 2 anos unha campaña de reclamacións a nivel de estado demandando o paso do corpo de PTFP a PES. O RD, e por consecuencia, a Orde que se leva á mesa, non responde ás expectativas e a demanda histórica que tiña CCOO e plantéxanos diferentes dúbidas. 

Preguntamos acerca da data de publicación en DOG da ORDE, así como en que prazo se vai resolver o procedemento de integración e se fará efectivo. Buscarán resolver con rápidez pero non concretan a data e sinalan que enviarán ao DOG de inmediato a Orde. 

Solicitamos saber o orzamento para pagar os efectos económicos retroactivos dende comezos de 2021 e cando se fará efectivo o pago. Non concretan data pero agardan facelo todo con premura e as correspondentes cotizacións, con carácter retroactivo, como A1 serán de oficio. 

Esiximos que os trienios que se cumpriron como A2 despois do 19 de xaneiro de 2021 se modifiquen de oficio para ser trienios de A1. Aclaran que serán de oficio. 

Demandamos que o pago con efectos retroactivos se faga tamén extensible ao colectivo de profesorado interino pois vulnerar a directiva europea, así como ao profesorado do corpo de PTFP que se xubilou con posterioridade a xaneiro de 2021 e cuxo dereito económico e administrativo debe ser recoñecido. REXEITADO. No que atinxe á integración do profesorado xubilado teme que poda paralizar o procedemento por incluír modificacións respecto a norma estatal. No referente ao profesorado interino argumentan que non están en disposición de facelo. Advertimos á Consellería que os afectados acabarán nos xulgados. 

A pretensión da Consellería é que o profesorado interino das 19 especialidades que pasan a PES pase a formar parte das listas de PES. 

Solicitamos que os efectos retroactivos sexan extensibles tamén para o período que estiveron en prácticas o profesorado do corpo de PTFP que aprobaron na convocatoria de 2021. REXEITADO. 

Consideramos que haberá que negociar, dentro da comisión de seguemento do acordo de interinos, como se realizará a cobertura das substitucións do profesorado do corpo de PTFP a extinguir, de sectores singulares e do corpo de PES pero da mesma especialidade. 

Solicitamos que se busque unha solución para posibilitar a integración do profesorado en excedencia sen reserva de posto. REXEITADO. A Consellería di que non llelo permite a normativa estatal. 

A Consellería aclara diferentes cuestións sobre as excendencias. 

  • Docentes en activo en PES desde a excedencia en PTFP. Entenden que teñen que pedir a integración e pasarán a ser profesores de PES cunha nova especialidade no corpo de PES. A adquisición da especialidade parece que está condicionada a solicitude de integración. 

  • Excedente en PES e activos en PTFP. Que pidan a integración. Resolución de recoñecemento da nova especialidade do corpo. 

Demandamos que tanto o profesorado técnico de FP a extinguir como o profesorado do corpo de sectores singulares da FP cobren un complemento económico igualador co profesorado integrado no corpo de PES. REXEITADO. 

Solicitamos que o profesorado que quede no corpo a extinguir de PTFP manteña os mesmos dereitos a efectos de concurso xeral de traslados. NON RESPONDEN. 

A Consellería aclara que o procedemento se fará a través de Datos persoais e revisarán o colectivo de docentes no exterior que si viña recollido no RD para incluílo. 

A Consellería aclara que, posteriormente á actual convocatoria, haberá unha convocatoria aberta ata o 19 de xaneiro de 2026 para aquelas persoas que non puidesen acollerse a esta convocatoria en función da súa situación. 

Solicitamos que se concedan licenzas de estudos para aqueles docentes que queiran acollerse coa finalidade de poder adquirir unha titulación de carácter universitario e solicitar a intregración. NON RESPONDEN. 

 

  1. Rogos e preguntas

  • Insistimos sobre o cómputo do tempo traballado para o concurso de méritos dos docentes de Orientación en mestres e dos docentes de Prácticas e Actividades. Inclúese a puntuación no caso de Orientación para a lista de procedencia e no caso do colectivo de Prácticas para a lista de Servizos a comunidade. O CONCURSO DE MÉRITOS ESTÁ ENVIADO A DOG. 

  • Preguntamos sobre a puntuación do C1 de galego no concurso de méritos. REXEITADO.

  • Insistimos na necesidade de convocar concurso de traslados de centros de adultos, xa que xa fai 3 anos que non se convoca e hai nalguns centros EPA vacantes que poderían cubrirse de forma definitiva. REXEITADO

  • Preguntamos sobre a data de publicación do CXT específico de Orientación. CANDO REMATE O CXT. 

  • Esiximos que se proceda de forma inmmediata á publicacción da convocatoria de licenzas de formación para o curso 2022/23.  

  • Volvemos a solicitar a publicación das novas listaxes de corpo de mestres derivadas dos últimos porcedementos selectivos. ESTANSE ACTUALIZANDO EN FUNCIÓN DE PRIORIDADE DE NECESIDADES

  • Solicitamos que a Consellería demande a incorporación nos PXE do cumprimento do pago do verán ao profesorado interino que traballe polo menos 5 ½ meses. FOI A FUNCIÓN PÚBLICA, INICIALMENTE NON HABERÁ CAMBIOS. 

  • Esiximos unha redución de rateos máximas por unidade escolar.

  • Solicitamos a reducción do horario lectivo a 18 horas máximas en secundaria e 21 en mestres, así como posibilitar que os docentes de AL e PT podan coller coordinacións. 

  • Demandamos a publicación do Decreto polo que se regula a selección, nomeamento e cesamento das direccións dos centros públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 do 3 de maio, dado que foi a mesa sectorial en abril de 2021 e aínda non foi publicada. ESTÁ EN CONSELLO CONSULTIVO. 

  • Demandamos que se produza o pago en novembro tal e como está recollido no borrador de orzamentos de Galicia do incremento retributivo do 1,5 % con carácter retroactivo. COBRARASE ANTES DE QUE FINALICE O ANO.