Toda a información da mesa sectorial do 3 de outubro de 2022

Intervención Mesa Sectorial 3 de outubro de 2022:

  1. Orde pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da administración educativa e inspectores de educación. 

  • Esiximos ofertar o máximo número número de vacantes para paliar a duración do tempo de provisionalidade, agás naquelas especialidades nas cales non hai funcionarios de carreira, que solicitamos que a administración non saque vacantes a cxt. É necesario cubrir todas aquelas que veñen ofertándose ano tras ano no CADP e non teñen propietario definitivo, así como as que non se cubriron de forma irregular e forman parte do catálogo. 

  • Reclamamos no caso de primaria e infantil que se cubran todas as prazas vacantes dos catálogos actualmente en vigor e denunciamos que as inspeccións están a incumprir os catálogos  a través do CADP. RESPONDEN QUE OS CATÁLOGOS SEGUEN EN VIGOR E DEBEN CUBRIRSE NO CXT. 

  • Solicitamos no caso de secundaria unha negociación das vacantes a nivel central, xa que estamos nunha situación excepcional na que deben definirse unha cantidade importante de vacantes estruturais.  REXEITADO

  • Demandamos que as vacantes provisionais se publiquen simultaneamente nas datas de presentación da convocatoria e as vacantes definitivas deben coñecerse antes ou simultaneamente coa publicación da resolución provisional. TENTARÁN PUBLICALAS CON ANTELACIÓN SUFICIENTE. AINDA QUE SOSTEÑEN QUE NON O PODEN GARANTIZAR.

  • Solicitamos que os vogais que entran no sorteo deben limitarse a aqueles que non participan no CXT. 

  • Requerimos que se estableza unha data de resolución definitiva das puntuacións. REXEITADO.

  • Reclamamos se incorporen prazas de Audición e Linguaxe na etapa ESO (597061) nos catálogos dos IES e CPI para que se podan dotar con carácter definitivo. REXEITADO 

  • Solicitamos que se recoñeza de oficio a puntuación en centros de especial dificultade para os participantes que tiveron destino neste tipo de centros. 

  • Demandamos se inclúa como baremable o premio extraordinario nos mestrados. REXEITADO 

  • Esiximos se puntúen os servizos prestados como responsables de centros de menos de tres unidades en condición análoga á dirección. REXEITADO

  • Solicitamos se recoñezan a efectos de puntuación os postos de coordinación propios da Formación Profesional, nomeadamente o coordinador da bolsa de emprego, así como outros como o coordinador do plan dixital. NON VAN A INCLUIR MÁIS CARGOS NO APARTADO 4.3, CONSIDERAN QUE ESTÁN TODOS. 

  • Demandamos que se puntúe a función titorial e outros cargos e coordinacións a aqueles docentes substitutos que realizan de forma efectiva esta función. 

  • Esiximos que unha vez completo o apartado referido a outras funcións docentes, se poda puntuar polo apartado 6.6 de titorizacións se se desenvolven tales funcións. REXEITADO.

  • Requerimos que sexan tidas en conta a efectos de baremación, aquelas publicacións que carecen de depósito legal por non estar obrigadas, nomeadamente as publicacións de determinados programas do Ministerio de Educación (CNICE, por exemplo) así como publicacións en revistas estranxeiras. 

  • Solicitamos detallar a puntuación de forma clara que se obtén pola participación, coordinación e impartición en cada actividade de innovación educativa.  

  • Pedimos que non se limite a puntuación pola participación en tribunais de procedementos selectivos á entrada en vigor do RD 276/2007.

  • Requerimos un incremento puntuación por titorizacións, así memso, solicitamos a puntuación das titorías de funcionarios en prácticas e tamén as equivalentes antes de entrar en vigor o sistema de graos e mestrados.  

  • Esiximos que se inclúa noutros méritos, xa que o de méritos académicos vén taxado polo RD, deberíase puntuar o Máster de profesorado de secundaria a aqueles corpos onde non é un requisito. 

  • Solicitamos a puntuación dos certificados de Idiomas, consonte o Marco Europeo de Referencia, obtidos fóra das EOI. 

NON CONTESTAN AO RESTO DE CUESTIÓNS

 

  1. Vacantes e resultas do Concurso específico de Orientación. 

  • Esiximos abordar a reconfiguración da rede de Orientación, xa que a última está definida en 2009 e a situación do catálogo dos centros foi mudando ao longo do tempo, dando lugar a desequilibrios. 

  • Demandamos que todos os centros completos teñan departamento de Orientación e se teñan en conta as unidades de Infantil. 

  • Solicitamos unha actualización das titulacións que outorgan preferencia para a adxudicación de vacantes no CXT específico de Orientación, recollidas no Decreto de Orientación.

  • Pedimos se revise o Anexo IV dado que aparecen as prazas que foron adxudicadas no último concurso (Ceip Plurilingüe A Magdalena, CPI Cruceiro de Canido, CEIP San Isidro, CEIP Plurilingüe A Fraga, CEE Terra de Ferrol, CEIP Irmáns Villar, CEE Miño, CRA Mestra Clara Torres, e un longo etc), polo que non poden ser resultas; así como non aparecen algunhas prazas que quedaron vacantes por xubilación (CEIP Sequelo, CEIP Plurilingüe Pena de Francia, CEIP Xosé Fernández López, CEIP Piñeiriño). EXPLICAN QUE APARECEN TODAS AS POSIBLES RESULTAS INDEPENDENTEMENTE QUE POIDAN PRODUCIRSE PARA ESTE CONCURSO.

  • Demandamos que a vacante ofertada con centro base en CEIP Vilar de Barrio tería que ter porén como centro base o CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía, xa que a docente que ocupaba esa vacante foi suprimida precisamente polo cambio do centro base da mesma. 

  • Solicitamos que as prazas de Orientación de centros compartidos se consideren a todos os efectos prazas itinerantes e que non superen os dous centros. 

 

  1. Concurso Méritos

  • Facemos constar, unha vez máis, as nosas discrepancias no proceso de negociación das prazas que se ofertan no concurso de méritos.

  • Denunciamos que o reparto do 7 % de prazas reservadas a persoas que presentan un 33 por cen ou máis de discapacidade que recolle o artigo 7 do Decreto 80/2022 é moi desequilibrado. A proposta da Consellería, un total de 44 prazas de 1156, vén sendo un 3,8 % e quedarían máis de 40 prazas para ofertar no concurso oposición de xuño 2023. A ADMINISTRACIÓN RESPONDE QUE PARA DAR CUMPRIMENTO AO 7% COAS PRAZAS DE DISCAPACIDADE SACARANAS AS PRAZAS RESTANTES NA CONVOCATORIA DO CONCURSO-OPOSICIÓN DE ESTABILIZACIÓN DE XUÑO, DADO QUE O DECRETO 80/2022 ESTABLECE A OBRIGA PARA O TOTAL DOS PROCEDEMENTOS DE ESTABILIZACIÓN.

  • Solicitamos que a puntuación da experiencia en PTFP no caso de participar a especialidades de PES que non son equivalentes, se puntúe a experiencia en especialidades do mesmo corpo. REVISARÁN PERO CONSIDERAN QUE PODE CONTRADICIR O RD. 

  • Solicitamos que o profesorado das listas de PES que se viu obrigado a traballar nas EOI e nos CMUS antes da creación das listas correspondentes a este corpo poidan puntuar os anos traballados como PES. REXEITADO. 

  • Esiximos unha menor contía das taxas, dado que son as mesmas que en procesos onde hai moitos tribunais. No referente ás cátedras de música e artes escéncias faltan as taxas. RESPONDEN QUE INCLUIRÁN AS TAXAS DE CÁTEDRAS. 

  • Esiximos que sexan baremadas a totalidade das instancias de participación, non só unha mostra delas. REXEITADO, BAREMARÁN UN NÚMERO ALTO DE SOLICITUDES, PERO NON TODAS. 

  • Pedimos que se aplique o mesmo criterio no referente á puntuación á hora de concursar no primeiro CXT de todos os aspirantes que superen os dous procesos selectivos convocados no actual curso (concurso de méritos e o concurso-oposición de prazas de estabilización). REXEITADO. SE NON HAI MODIFICACIÓN DO RD, NON SE PODE UNIIFICAR. 

  • Demandamos que se siga considerándose o B2 que foi obtido coa consideración de nivel avanzado a efectos de puntuación. REXEITADO

  • Esiximos a procura dunha solución para todos aqueles que teñen servizos en Orientación e outras especialidades que non están incluídas no RD. Propomos que se considere a experiencia na especialidade da lista pola que accederon á praza de Orientación. Este colectivo vese seriamente perxudicado non podendo acceder a ningunha especialidade na que a súa experiencia se contabilice a totalidade. A mesma situación ten o profesorado de Prácticas e Actividades do extinto corpo de PTFP ao que hai que darlle unha situación similar. De non artellarse unha solución coa publicación da convocatoria, exploraremos a vía xurídica. VALORARANO AO ABEIRO DE QUE TEÑAN GARANTÍAS XURÍDICAS. 

  • Solicitamos que continúe computando os niveis de EOI de lingua galega como viña considerándose en anteriores convocatorias de procedementos selectivos sempre que o requisito sexa xustificado doutra forma. VALORARANO.

  • Advertimos de que faltan determinadas especialidades, nomeadamente Procesos de Producción Agraria, Procesos na Industria Alimentaria, Procesos e Produtos de Textil, Confección e Pel, Procesos e Produtos en Artes Gráficas, Procesos e Produtos en Madeira e Moble,  no anexo III en titulacións equivalentes a efectos de docencia.  REVISARÁN.

  • Advertimos o mesmo no anexo VI faltan dúas titulacións equivalentes a efectos de docencia incluidos no RD 276/2007 para a especialidade de Fotografía e procesos de reprodución do corpo d emestres de taller de artes plásticas e deseño, en concreto Ilustración e Fotografía artística. REVISARÁN. 

PREVÉN PUBLICAR A CONVOCATORIA DO CONCURSO DE MÉRITOS SOBRE O 17 OU 18 DE OUTUBRO, AGÁS AS DO ANTIGO CORPO DE PTFP 

 

Rogos e preguntas

  • Solicitamos unha resposta sobre a aplicación dos cadros de persoal dos centros de EP e EI xa que non están a respectarse pola inspección. 

  • Demandamos que se convoque o concurso de traslados de centros de adultos, xa que xa fai 3 anos que non se convoca. REXEITADO. A ADMINISTRACIÓN NON TEN PRETENSIÓN DE CONVOCAR ESTE ANO O CONCURSO DE ADULTOS.

  • Esiximos que se publiquen canto antes as prazas de profesorado PROA plus que se concede a cada centro e se proceda á súa cobertura inmediata.

  • Preguntamos como se vai artellar a emisión dos certificados de ter superada a fase de oposición para aqueles aspirantes que desexen presentar solicitude de participación no concurso de méritos noutra comunidade autónoma. A ADMINISTRACIÓN RESPONDEN QUE OS INTERESADOS/AS PODERÁN DESCARGARSE TAL CERTIFICACIÓN, ASÍ COMO A CERTIFICACIÓN DE SERVIZOS PRESTADOS, EN GALEGO E CASTELÁN.

  • Esiximos que se proceda de forma inmmediata á publicación da convocatoria de licenzas de formación para o curso 2022/23.

  • Solicitamos máis horas para os docentes que asumen a coordinación Edixgal, sendo insuficientes as horas que se veñen asignando a dita labor. 

  • Solicitamos que a Consellería demande a incorporación nos PXE do cumprimento do pago do verán ao profesorado interino que traballe polo menos 5 ½ meses.

  • Solicitamos que se publiquen canto antes as listaxes de interinidades e substitucións do corpo de mestres e de ensino secundario resultantes do proceso selectivo.

  • Esiximos unha redución de rateos máximas por unidade escolar, así como o cumplemento do Acordo de Agrupamentos.

  • Solicitamos a reducción do horario lectivo a 18 horas máximas en secundaria e 21 en mestres. 

  • Demandamos a publicación do Decreto polo que se regula a selección, nomeamento e cesamento das direccións dos centros públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 do 3 de maio, dado que foi a mesa sectorial en abril de 2021 e aínda non foi publicada. 

OS ROGOS E PREGUNTAS FORON ADIADOS A SER TRATADOS NOUTRA MESA SECTORIAL DEBIDO Á HORA DE FINALIZACIÓN DA PRESENTE MESA