Curso en liña gratuito: A fase de prácticas. Dereitos e deberes dos/as traballadores/as do ensino
- INSCRICIÓN
- 40 prazas
- 8 horas homologadas
- 21 e 22 de outubro telepresencial por Google meet: O venres 21 de outubro de 16:30 a 20:30 horas. O sábado 22 de outubro de 09:00 a 13:00 horas.
- Relator: Borja Campos

OBXECTIVOS:
- Coñecer a principal lexislación educativa de referencia estatal e autonómica.
- Analizar e comprender os dereitos e deberes dos/as docentes.
- Identificar e coñecer os principais documentos de organización do centro educativo.
CONTIDOS:
1. Lexislación educativa
2. Regulamentos orgánicos e tipoloxía de centros. Acordos de catálogos e agrupamentos.
3. Acceso á función docente: oposicións, listas de interinidades e substitucións. Acordo de interinos.
4. O ano de prácticas.
5. As retribucións: a nómina e as súas partes.
6. As prestacións sanitarias e situacións de it.
7. Os permisos, licenzas e excedencias.
8. O horario dos docentes (mestres e secundaria) e a adscripción.
9. A mobilidade: cxt e cadp, comisións de servizo, permutas.
10. As supresións e desprazamentos por falta de horario.
11. Formación e homologación.
12. Acceso a función directiva.
13. A xubilación de clases pasivas e inss.