Prazas para o concurso de méritos (outubro 2022) e para o concurso oposición (verán 2023)

As seguintes táboas recollen as prazas de estabilización que se van ofertar mediante dous procesos diferenciados:
-
Concurso de méritos: prevese para outubro de 2022.
-
Concurso oposición (sistema transitorio): verán de 2023.
As prazas son o resultado da negociación en Mesa Sectorial no último trimestre do curso 2022/23 ao abeiro dos criterios establecidos pola Consellería sen acordo sindical. Logramos incorporar un importante número de prazas á oferta inicial da Consellería e rexeitáronnos outras que demostraron non cumprían os criterios establecidos. Pero quedaron no camiño outras que seguimos considerando que compren os criterios para ser incorporadas á oferta, fundamentalmente un número importante para o concurso-oposición, e non temos unha resposta da Consellería de por que se rexeitan.
O resumo das prazas que reclamamos para o concurso de méritos é o seguinte:
- No corpo de mestres: 6 prazas de EI; 5 deEP;3deFI,1deFF,2deEM, 3 de PT e 5 de AL.
- No corpo de PES: 48 prazas
- No corpo de PTFP: 19 prazas
- Profesorado EOI: 1 praza.
- Catedráticos de música e artes escénicas: 1 praza.
- Profesorado de música e artes escénicas: 6 prazas.
- Profesorado de Artes Plásticas e Deseño: 6 prazas.
A Consellería incrementou finalmente en 54 prazas máis a súa oferta inicial. Para o concurso oposición polo sistema transitorio reclamamos:
-
Corpo de mestres: 5 prazas de EI, 1 de EP e 1 de PT
-
No corpo de PES: 47 prazas
-
No corpo de PTFP: 27 prazas
-
Profesorado EOI: 1 praza.
-
Profesorado de música e artes escénicas: 6 prazas.
Corpo 590 - Profesores de ensino secundario
Corpo 591 - Profesores técnicos de formación profesional
Corpo 592 - Profesores de escolas oficiais de idiomas
Corpo 593 - Catedráticos de música e artes escénicas
Corpo 594 - Profesores de música e artes escénicas
Corpo 595 - Profesores de artes plásticas e deseño