Campaña de vixilancia da saúde 2022/2023 para persoal docente e non docente

Campaña de vixilancia da saúde 2022/2023 para persoal docente e non docente de centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Publicado o 20 de setembro de 2022

A inscrición ten carácter voluntario, polo que se realizará previa solicitude das persoas interesadas conforme as instrucións deste procedemento enviadas aos distintos centros de traballo. As persoas responsables dos distintos centros de traballo facilitarán a información necesaria para a inscrición dos traballadores e das traballadoras.

A dita inscrición realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento que está dispoñible na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no seguinte enlace: https://revisionmedicaeducacion.xunta.gal

  • A solicitude de inscrición debe incluír todos os datos que figuren no formulario. A falta dalgún deles impedirá a súa tramitación.
  • Toda inscrición xerará un xustificante de consentimento que se deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.
  • Prazos de inscrición:
     
    • Prazo de inscrición xeral: vinte (20) días naturais a partir do día seguinte ao da difusión desta campaña na páxina web oficial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
    • Prazos de inscrición do persoal docente e non docente (funcionario e laboral) que sexa interino/substituto: os establecidos no documento “Precisión dos prazos de inscrición”.
  • Resolución do 7 de setembro do 2022
  • Instrucións inscricións recoñecementos médicos 2022/2023
  • Precisións dos prazos de inscriciónPreguntas frecuentes