CCOO anuncia novas mobilizacións para o vindeiro 4 de outubro
XVI Convenio colectivo de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade
Por un convenio xusto, MOBILÍZATE!

Logo das concentracións que tiveron lugar o pasado 14 de setembro, CCOO retoma as mobilizacións e anuncia novas accións para o vindeiro 4 de outubro, un día antes de que a Audiencia Nacional xulgue os dous conflitos colectivos que o sindicato interpuxo en defensa do cumprimento do XV Convenio Colectivo.
PRIMEIRO CONFLITO COLECTIVO
Esiximos a revisión salarial conforme o artigo 32.1. Do seu resultado, desde o 1 de xaneiro de 2022 debería rexer:
- Salario base incrementado nun 3,75 %
- N1 do 9,2 %
- N2 do 7,2 %
SEGUNDO CONFLITO COLECTIVO
Para as categorías que resulten afectadas, esiximos o dereito a percibir o SMI sen ter en conta, para alcanzar esa cifra, nin as percepcións de carácter extrasalarial nin os conceptos salariais que se establecen no convenio como non compensables e non absorbibles, tales como o N1 e N2.
A actitude totalmente irresponsable e neglixente das organizacións patronais lévanos a mantermos a tensión no sector. Por iso CCOO anima o conxunto de traballadores e traballadoras, independentemente da súa filiación ou simpatías sindicais, as persoas usuarias e familias a participaren nas diferentes accións que se propoñan.
Porque o teu convenio está en xogo, MOBILÍZATE!
Por un salario digno, MOBILÍZATE!
Por un convenio xusto, MOBILÍZATE!
Por todo o que levas dado e por como cho queren pagar, MOBILÍZATE!