Asamblea informativa de traballador@s de atención a persoas con discapacidade

 Ligazón para a asamblea en Google Meet

Publicado o 19 de setembro de 2022

Dende CCOO convocamos ás traballadoras e traballadores do sector de Atención a Persoas con Discapacidade a unha asemblea informativa na que abordaremos a situación actual da negociación do XVI Convenio. Como sindicato maioritario no sector e ante o inmobilismo patronal, decidimos seguir adiante coas demandas anunciadas e iniciar unha campaña de mobilización de intensidade crecente. É imprescindible a participación masiva dos profesionais do sector, polo que vos animamos a participar o martes 20 na asemblea onde abordaremos estes temas.

 Ligazón para a asamblea en Google Meet