Xornadas PROGRAMAS, PAÍSES E LEXISLACIÓN DA AEEE
Inscrición: Ligazón ao formulario

A Federación de Ensino de CCOO Exterior convoca unhas Xornadas que terán lugar do 30 de setembro ao 2 de outubro e que teñen como principal obxectivo coñecer os programas educativos do Ministerio de Educación no Exterior e as claves para preparar os procesos de selección.
Teñen unha duración de 25 horas e están recoñecidas polo INTEF do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
É unha actividade de formación PRESENCIAL. Poderás asistir fisicamente á “Escola Sindical Juan Muñiz Zapico”, Rúa de Longares 6 en Madrid, onde poderás compartir a fin de semana cos relatores ou virtualmente a través da plataforma MEET.
Podes consultar o programa provisional aquí: https://exterior.fe.ccoo.es/60e440b4ac2f88e342d35ab2b0f05b36000063.pdf