CCOO denuncia que a Consellería non trasladou a información dos novos cadros de persoal logo das supresións realizadas

Nas xuntanzas coas catro Xefaturas Territoriais Provinciais fomos informados dalgunhas supresións de unidades nos centros de infantil e primaria mais en ningún momento se nos informou das modificacións definitivas nos catálogos.

Asemade, na adxudicación do CADP observamos un número importante de adxudicacións a persoal suprimido e/ou desprazado.

Tampouco somos coñecedores das xubilacións que non foron cubertas no CADP.

Porén, esiximos que se nos traslade a información pertinente sobre a modificación de cadros de persoal dos centros de educación infantil, educación primaria, de educación infantil e primaria e CPI así como os datos de modificación do cupo de profesorado nos centros onde desenvolve o seu traballo o profesorado doutros corpos distintos ao de mestres.