CADP definitivo

 

 

Publicado o 02 de agosto de 2022

Resolución definitiva de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal de corpos docentes para o curso académico 2022/23

Unha vez publicada no DOG a resolución de adxudicación definitiva, as persoas interesadas disporán dun prazo dun (1) mes para interpoñer recurso potestativo de reposición contra a citada resolución contado dende o día seguinte ao desta publicación.

O dito recurso deberá formularse exclusivamente por medios electrónicos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). utilizando o código de procedemento ED002B e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.

O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse tanto o trámite de recurso de reposición asinado como o recibo de presentación deste.