A Consellería de Educación móstrase receptiva a facilitar un acordo de mantemento de emprego (E.Concertado)

O día 7 de xullo celebrouse unha reunión entre as OOSS (CCOO, UGT CIG FSIE e USO) co Conselleiro de Educación e o Director Xeral co obxectivo de elaborar un Acordo de Mantemento de Emprego (AME). Da xuntanza saímos co compromiso da Conselleria de Educación que contribuiría ao obxectivo de acadar un acordo de mantemento de emprego. 
Dentro de 15 días reuniranse coas patronais para coñecer a súa posición e posteriormente convocarannos a todos para abordar un posible AME.

Publicado o 08 de xullo de 2022